<<[...] Son gritos en el cielo, y en la tierra son actos>>.

Gabriel Celaya

viernes, 12 de marzo de 2010

"Laberca", artículo de Vicente Araguas, sobre: "Las alas de una alondra madrugando"

O outro día daba a noticia dun poeta novísimo(boísimo), que mora en Alcalde Usero e que ven de gañar o Premio de Poesía Joven "Antonio Carvajal". Trátase de David Rey, e o seu libro leva por título, con aliteración suave, o de "Las alas de una alondra madrugando" (Poesía Hiperión). Veño de facerlle unha segunda lectura, só, en voz alta, nos meus eidos poéticos, contra dos que non hay crise que valga. E volvo atopar neste poeta novo unha sensibilidade (e unha música) como facer que a súa laberca (dise tamén cotovía), de seu madrugadora, aponte moi no alto. Manexa sabiamente David Rey a fórmula da poción máxica surrealista. Debedora de certo Pablo Neruda, de certísimo Federico García Lorca. E despega o noso poeta con moi bos mestres, porque unha vez aprendida a súa lección personaliza o seu mester, de maneira que Laura e David (é este tan só un exemplo dun poema individualizado) son coprotagonistas dunha poesía, polo demais, radical. Logo, entre poemas longos como ríos intensos, carregados, xa se dixo, de peso surreal e púrpura simbolista, xorden pequenas alfaias, como termar dunha laberca e deixar que suba en vóo pausado. Eis a verticalidade dun libro que subliña territorio, que fala dun poeta grande que anuncia cousas boas (e novas) desde unha batería de imaxes que non cesan. Iso, máis un discurso musical ben dirixido, fan que este libro preste e provoque.

Eu, de vostedes, se aman a poesía, non o perdería. De nada.

Fuente: Araguas, Vicente: "Laberca", en Diario de Ferrol, 21 de febrero de 2010.

No hay comentarios:

Publicar un comentario